ESPAZO LITERARIO

CONMEMORACIÓN DÍA DA RADIO E DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO:
Quixemos aproveitar a celebración destas dúas datas para facer un podcast desde a radio sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Ademais aproveitamos o lema proposto pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) #teusdocescantares para intercalar varias fragmentos de cancións baseadas nas letras de Rosalía.
Para o seu relato, Ánxela e Noa de 6ª A de primaria, baseáronse no libro "Rosalía" escrito por Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer, editado pola Fundación Rosalía de Castro.
A continuación citamos aos autores/as das cancións baseadas en poemas de Rosalía de Castro que empregamos neste podcast:
- Uxía - Miña Santiña, Miña Santasa.
- Fuxan os Ventos - Iste Vaise.
- Lucia Perez - Adiós ríos, adiós fontes.
- Aid - Cantarte Hei, Galicia.
- Abe Rábade e Guadi Galego - A xustiza pola man.
- Zoelas - Rosalía in blues.
- Zoelas - Ruleando.
Moitas grazas por usardes este libro tan ben para facer unha emisión de radio marabillosa. Recibide unha aperta grande e compartídea co alumnado e o profesorado que tivo algo que ver en todo isto. Sempre Rosalía. Helena Villar Janeiro
ResponderEliminarMoitas grazas Helena, seguiremos aproveitando esta marabillosa obra para facerlle chegar ao alumnado a figura de Rosalía.
Eliminar