ESPAZO LITERARIO
Os alumnos de 6ºC Diego, Iago e Olmo fixeron un traballo de investigación sobre a vida e
obra de Xela Arias, escritora á que se lle dedica este ano 2021 o Día
das Letras Galegas. En forma de podcast deixánnos toda a información.
* A canción que empregamos é "Intempériome" do grupo A Banda da Loba.
LETRAS GALEGAS. ENTREVISTA A BERTA DÁVILA.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias, o alumnado de 6º de Infantil B e a súa mestra Silvia, quixeron coñecer máis cousas sobre ela. Foi entón cando caeu nas súas mans un libro de Xela, reeditado por Xerais, chamado "Darío a diario" e descubriron que o seu fermoso prólogo estaba feito pola escritora Berta Dávila, que curiosamente é a nai dun deles. Así que aproveitaron para facerlle unha entrevista radiofónica para saber máis da súa faceta de escritora e sobre as Letras Galegas. Estamos comezando con esto da radio, polo que tedes que desculpar os erros e problemas de son. O traballo dos nenos/as é impecable e moitas grazas a Berta pola súa colaboración.
CONMEMORACIÓN DÍA DA RADIO E DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO:
Quixemos aproveitar a celebración destas dúas datas para facer un podcast desde a radio sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Ademais aproveitamos o lema proposto pola AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) #teusdocescantares para intercalar varias fragmentos de cancións baseadas nas letras de Rosalía.
Para o seu relato, Ánxela e Noa de 6ª A de primaria, baseáronse no libro "Rosalía" escrito por Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer, editado pola Fundación Rosalía de Castro.
A continuación citamos aos autores/as das cancións baseadas en poemas de Rosalía de Castro que empregamos neste podcast:
- Uxía - Miña Santiña, Miña Santasa.
- Fuxan os Ventos - Iste Vaise.
- Lucia Perez - Adiós ríos, adiós fontes.
- Aid - Cantarte Hei, Galicia.
- Abe Rábade e Guadi Galego - A xustiza pola man.
- Zoelas - Rosalía in blues.
- Zoelas - Ruleando.
Moitas grazas por usardes este libro tan ben para facer unha emisión de radio marabillosa. Recibide unha aperta grande e compartídea co alumnado e o profesorado que tivo algo que ver en todo isto. Sempre Rosalía. Helena Villar Janeiro
ResponderEliminarMoitas grazas Helena, seguiremos aproveitando esta marabillosa obra para facerlle chegar ao alumnado a figura de Rosalía.
Eliminar