O SON DO LA-MAS
LITTLE NENO DESCOBRE... OS BEATLES.
O venres día 8 de outubro tivemos a gran sorte de disfrutar do espectáculo Little neno. Grazas a Fran Villasenín, a Reixa Producións e o Concello de Santiago, o alumnado de 1º A, B e C, asistiron a unha sesión chea de aventuras rodeados da música da gran banda de rock británica, os Beatles.
Despois de soñar, descubrir, escoitar e bailar con Little neno e o oso Renato...foron os alumnos de primeiro de primaria os que se converteron en protagonistas da radio entrevistando a Neves Rodríguez, presentadora de Tv, comunicadora e actriz moi importante no Panorama Audiovisual Galego e ao músico Alfonso Espiño, músico , doctor en Historia da Arte e investigador.
Desfrutade moito desta entrevista! Queda inaugurado o noso programa musical no curso 2021/2022!
O CONTO DOS PLANETAS.
A profe Beatriz déixanos este fantástico e laborioso podcast do alumnado de 4º B de Educación Infantil. Coa colaboración de Candela e Lois de 5º C de Primaria, os nenos e nenas de 3 anos B nos contan-cantan o conto Los Planetas, escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Cecilia Moreno de Ediciones Jaguar. Moitas grazas a todos/as polo voso traballo e non perdades as "tomas falsas".
Venres 6 de marzo de 2020
Compañeiras e compañeiros, inauguramos o noso programa musical!😊
Aquí vos deixamos a entrevista á arpista bretoa Bleuenn Le Friec que ven de facer tres sesións didácticas coa arpa celta co alumnado de 1º e 2º de primaria para conmemorar o Día Internacional da Muller. Despois de traballar o instrumento e o seu cancioneiro cos máis cativos fixémoslle unha entrevista sobre a súa traxectoria.
Moitos parabéns aos periodistas Iago, Daniela, Noa, Zaira e Irene polo marabilloso traballo realizado na aula de Valores Sociais e Cívicos de 5º A.
Comentarios