NOTICIEIRO



DÍA DA MULLER-8M.

    As alumnas de 6º C, Antía López, Antía Rozas, Icía Alonso e Roumayssae explicánnos neste podcast o porqué da celebración do 8M os motivos polos que elixiron esta data. Ao mesmo tempo reinvidican o que todos e todas desexamos que é non ter que celebrar esta data porque sería sinal de ter conseguido unha igualdade real. Seguiremos loitando por iso.

* A canción que soa é: "Non son fada nin princesa" de SES

 


 


 

 

 

 

 

ENTREVISTA A MANOLO PÉREZ-ENTROIDO DE ARCOS-MAZARICOS.

Co gallo da VIII Mostra de Entroido Tradicional do Lamas, o alumnado de 3 anos fíxolle unha entrevista a Manolo Pérez, unha das persoas que está ao fronte da recuperación e difusión do entroido de Arcos-Mazaricos.  

 


Entrevista que tes vista!

Venres, 28 de febreiro de 2020


Hoxe, o alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5ºA estivo a preparar unha entrevista para a vindeira semana.


 Quen virá a visitarnos? Deixámosvos unha pista? Contarémolo todo no seguinte podcast que poderedes atopar na entrada MÚSICA.

 "Día Escolar da Non Violencia e a Paz"

Xoves, 27 de febreiro de 2020

O alumnado de 6ºA, que titoriza o profesor Alberto Rey, realizou unha gravación para amosar todo o seu  traballo arredor do "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" que celebramos no centro na semana do 30 de xaneiro. O podcast atópase na entrada do blog CON-MEMORIA,  un espazo dedicado a todas as conmemoracións que realizamos na radio.


De esquerda a dereita: Iker, Iván, Mario, Lucía, Manuela e Carla García.




Entrega de Premios do "Concurso de Logos"

Venres, 14 de febreiro de 2020

Moitos parabéns ás gañadoras do concurso. Irene López (mellor
 logotipo) e Daniela Gianzo (mellor cartel promocional).



Entrega  de premios a cargo do equipo de bibliotecas coordinado por Fran.

 "Día Mundial da Radio"

Xoves, 13 de febreiro de 2020

Este ano, o Día Mundial da Radio celébrase baixo o lema "Pluralismo, representación e diversidade". Un eslogan moi vinculado ao das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e ao valor inclusivo do programa Radio na Biblio, do que formamos parte. Hoxe queda inaugurada oficialmente En Clave de Lamas, a radio escolar do CEIP Lamas de Abade!

Iago Caamaño gravando coa profesora Olaia Novo.


A nosa recomendación musical de hoxe para celebrar o Día Mundial da Radio é un tema do grupo británico new wave The Buggles, publicado en 1979, Video killed the Radio Star. A canción foi versionada e adaptada en numerosas ocasións. Unha delas, é a versión que sacou en 1980 o grupo Parchís no seu disco Comando G.



Comentarios