NOTICIEIRO
O BACHARELATO E A UNIVERSIDADE.
Traballo de Antía López, Antía Rozas, Carmen Liñares e Icía Mouriño de 6ºC sobre os estudos de Bacharelato e Universidade e cunha entrevista a Uxía Liñares, unha alumna de 2º de Bacharelato. Grazas a todas polo traballo e a importante información que non deixan.
DÍA DA MULLER-8M.
As alumnas de 6º C, Antía López, Antía Rozas, Icía Alonso e Roumayssae explicánnos neste podcast o porqué da celebración do 8M os motivos polos que elixiron esta data. Ao mesmo tempo reinvidican o que todos e todas desexamos que é non ter que celebrar esta data porque sería sinal de ter conseguido unha igualdade real. Seguiremos loitando por iso.
* A canción que soa é: "Non son fada nin princesa" de SES.
ENTREVISTA A MANOLO PÉREZ-ENTROIDO DE ARCOS-MAZARICOS.
Co gallo da VIII Mostra de Entroido Tradicional do Lamas, o alumnado de 3 anos fíxolle unha entrevista a Manolo Pérez, unha das persoas que está ao fronte da recuperación e difusión do entroido de Arcos-Mazaricos.
Entrevista que tes vista!
Venres, 28 de febreiro de 2020
Hoxe, o alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5ºA estivo a preparar unha entrevista para a vindeira semana.
Quen virá a visitarnos? Deixámosvos unha pista? Contarémolo todo no seguinte podcast que poderedes atopar na entrada MÚSICA.
"Día Escolar da Non Violencia e a Paz"
Xoves, 27 de febreiro de 2020
O alumnado de 6ºA, que titoriza o profesor Alberto Rey, realizou unha gravación para amosar todo o seu traballo arredor do "Día Escolar da Non Violencia e a Paz" que celebramos no centro na semana do 30 de xaneiro. O podcast atópase na entrada do blog CON-MEMORIA, un espazo dedicado a todas as conmemoracións que realizamos na radio.
De esquerda a dereita: Iker, Iván, Mario, Lucía, Manuela e Carla García. |
Entrega de Premios do "Concurso de Logos"
Venres, 14 de febreiro de 2020
Moitos parabéns ás gañadoras do concurso. Irene López (mellor logotipo) e Daniela Gianzo (mellor cartel promocional). |
Entrega de premios a cargo do equipo de bibliotecas coordinado por Fran. |
"Día Mundial da Radio"
Xoves, 13 de febreiro de 2020
Este ano, o Día Mundial da Radio celébrase baixo o lema "Pluralismo, representación e diversidade". Un eslogan moi vinculado ao das bibliotecas escolares para este curso "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" e ao valor inclusivo do programa Radio na Biblio, do que formamos parte. Hoxe queda inaugurada oficialmente En Clave de Lamas, a radio escolar do CEIP Lamas de Abade!
Comentarios
Publicar un comentario