FORMACIÓN.


FORMACIÓN RADIO PARA 5º DE PRIMARIA CON LUÍS PARDO.

    Esta semana as tres clases de 5º de primaria recibiron a formación de radio correspondente ao programa no que entramos o curso pasado "Radio na Biblio". Desta vez o encargado desta formación foi o xornalista Luís Pardo. Hoxe dirixe e presenta o magazine local Hoy por Hoy Santiago en Radio Galicia-Cadena SER. Ademais forma parte do comité de redacción da revista Luzes e colabora con artigos en ElDiario.es. O alumnado quedou encantado con Luís e seguro que lles transmitiu a súa paisón pola radio.




    Deixámosvos un dos vídeos que nos puxo Luís e que nos impactou moito. Recomendamos primeiro escoitar só o audio e logo ver o vídeo, seguro que vos sorprende!!!

FORMACIÓN RADIO PARA PROFESORADO.

Estas dúas semanas pasadas o profesorado recibiu unhas sesións de formación en Radio por parte do xornalista Alberto González Regueiro. Alberto,  presenta actualmente os programas "Voces de Santiago e Barbanza" e "La Voz del Deporte" en RadioVoz, e xa colaborou con nós en distintas ocasións como no Proxecto Santiago Medieval.



 

  FORMACIÓN POR PARTE DO XORNALISTA XOSÉ LUÍS LÓPEZ VILA.

         

    A pasada semana o xornalista e locutor da Radio Galega, Xosé Luís López Vila, impartiu unhas sesións de iniciación á radio ao alumnado de 5º e 6º de primaria. O actual presentador do programa "A Crónica" pasou polas distintas aulas para falarlles da modulación da Voz e dos pasos que hai que dar para realizar unha entrevista. Agardamos ir poñendo en práctica todos os consellos que nos dou.






 


Comentarios