CLUB DE RADIO


 Benvid@ ao Club de Radio!

Se te queres mergullar neste mundo e formar parte dun Club este é o momento.

Aproveitaremos o tempo para aprender a manexar o micrófono, o funcionamento básico de programas e aplicacións que lles poden axudar no seu traballo escolar e na utilización das Tics de forma responsable, editando e gravando podcast para a nosa Radio En clave de Lamas.


O universo. 6ºA

Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades. Os alumnos de 6ºA: Lucas, Malak, Shaila, Mateo e Alejandra achégannos un podcast moi interesante sobre o noso descoñecido fogar, O Universo.
Escoitade atentamente!


Rosa Aneiros. 6ºB

Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en Diario de PontevedraEl ProgresoGalicia HoxeDiario de Ferrol (a través da axencia AGN), El PaísGrialFadamorgana ou Casa da Gramática.

É a guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia

 ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.

En 2019 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar da que o xurado destacou "a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico".

En 2019 traballaba no Consello da Cultura Galega.

Os alumnos de 6ºB: Fiz, Lía, Sabela, Elia e Lucía achégannos unha entrevista moi interesante á escritora Rosa Aneiros.
Escoitade atentamente!

A orixe da música. 6ºC

A orixe da música traída da man dos alumnos de 6ºC: Icia, Aisha, Jimena e Lois.
Fai moitos anos que os seres humanos non usaban ningún instrumento musical, senón a voz humana, que era unha necesidade para comunicarse uns con outros.

Elaboran  un podcast que viaxa dende a Antiga Grecia ata os estilos actuais modernos: música electrónica, rock, pop, reggaetón, hip hop, jazz...etc.
Achégannos tamén curiosidades que eles mesmos atoparon. Escoitade e disfrutade moito!!




Jacobo Rial Barreiro. 6ºD.

Unha breve entrevista a Jacobo Rial Barreiro que é árbitro de ACB. Para os que non os coñecedes Jacobo é de Santiago de Compostela, ten 45 anos e leva dezanove anos arbitrando.



Daniella xunto coas suas compañeiras Eimi e Alexandra achégannos este podscat.

Desfrutade da entrevista!



Olimpiadas. 6ºA

Os xogos olímpicos ou Olimpiadas son o maior evento deportivo internacionalmultidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos.

A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era modous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se levaron a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.

A evolución do movemento olímpico durante os séculos XX e XXI deu lugar a varias modificacións nos Xogos Olímpicos. Algúns destes axustes inclúen a creación dos xogos de inverno para deportes invernais, os Xogos Paralímpicos para atletas con algún tipo de discapacidade e os Xogos Olímpicos da Mocidade para atletas adolescentes.


Da man de Mateo, Martina e Natalia achégannos este podscat.

Desfrutade do podcast!



Mercedes Cambón Rodríguez. 6ºC

Mercedes xunto con outro grupo de nais con fillos deciden regalar cousas dos seus fillos, que xa non utilizan como roupa, zapatos, xoguetes.... para darlle unha vida máis duradeira as cousas.
Actualmente traballa nun taller con Sandra Vilas, artesá textil, creadora de Boina galega.




Unha pequena entrevista elaborada por Antía, Candela, Aroa e Nora.
 Desfrutade moito escoitándoas!


Rubén Prol Mariño. 6ºD

Concelleiro responsable de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas.

Graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente rematou o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria, especialidade en Ciencias Sociais, na mesma universidade. É membro de Xuventudes Socialistas de Galicia, onde foi secretario de educación entre os anos 2014 e 2019. Actualmente é secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Compostela.



O alumnado de 6ºD: Alejandra, Rita e Breixo levaron a cabo unha breve entrevista que nos achegan a través deste podcast. Desfrutade escoitando!


Comentarios