PREMIOS MARTÍN CÓDAX
O Ceip Lamas de Abade este ano quixo estar presente nos Premios Martín Códax cun podcast soando a través da Radio oficial dos Premios.
Os participantes foron catro nen@s de sexto de Primaria: Lía, Breixo, Natalia e Lois.
O grupo escollido e inscrito nos premios Martín Códax foi Ruxe Ruxe e o entrevistado José Victor Neira Calzadilla, máis coñecido como Vituco Neira, líder, vocalista e guitarrista deste grupo de rock.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Atención! Dicía Castelao que un idioma non é só un xeito de expresión, é tamén unha fonte de arte.
Moi bo traballo!! Saúde e Rock&Roll !!
ResponderEliminarGrazas Xosé Ramón ;)
Eliminar