IVÁN SENDE


Iván Sende (Vedra, A Coruña 1977) estudou ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso. O seu primeiro libro publicado foi "Usha" de María Reimóndez (Xerais 2008) ao que seguiron "Lía e as zapatillas de deportes" (Xerais 2008) e "O monstro das palabras" (Xerais 2009), os tres sobre textos de María Reimóndez. "Bea" (Xerais 2008, serie Merliño) foi o seu primeiro libro en solitario. Finalista do Premio Merlín nos anos 2007 e 2009 co libro "Carabranca", que finalmente publicou en 2011 nunha edición de autor.
O pasado venres día 3 de decembro tivemos a sorte de ter a este gran ilustrador na nosa Radio, e así as alumnas de 6º D disfrutaron facéndolle unha pequena entrevista.

Disfrutade moito escoitando o podcast!!



Comentarios

Publicar un comentario